Bo resultado favorable aos locais que derrotaron por resultado de 4-0 a un conxunto que se situaba en postos de descenso. Partido pasado por chuvia no que o control do balón non resultaba moi doado e o xogo en largo non sempre era efectivo.
Na primeira metade, un gol en propia meta dos visitantes adiantaría aos de Jacobo Míguez. Un rápido gol de Adrián Carabán supondría o 2-0. Sete minutos despois, o dianteiro branquiazul metería o terceiro e Álvaro finalizaría o encontro con un tanto no 66′.